Desde que o pasado 20 de abril arrancou a programación da Mostra Internacional de Teatro Universitario de Ourense, a Miteu, os escenarios da cidade viven unha intensa actividade escénica que este sábado, 6 de maio, chegará ao seu remate. A 22 edición do certame clausurarse no Teatro Principal de Ourense coa entrega de premios e coa representación da obra A última cornixa do mundo, da Aula de Teatro Universitario de Ourense Maricastaña. Deste xeito, pecharase unha edición que trouxo a Ourense a 30 grupos, dez deles profesionais, e os restantes aulas universitarias de Galicia, Estremadura, Madrid, Castela e León, Navarra, Andalucía, A Rioxa e Portugal.
05/05/2017