O Foro Económico de Galicia, coordinado desde o campus de Ourense polo Grupo Governance and Economics Research Network (Gen), prevé que a economía galega medre entre un 4,8% e un 8,8% no 2021. Os escenarios prospectivos da entidade para o ano 2021 contemplan para Galicia dúas posibles evolucións dependendo fundamentalmente da evolución sanitaria da pandemia, da velocidade e eficacia do proceso de vacinación e, a partir de aí, da normalización da vida económica.
19/02/2021