O traballo científico é un dos motores do avance da humanidade, os froitos da investigación e a innovación serven para subir chanzos na evolución e na mellora da vida dos seres humanos e do planeta Terra en xeral. Eses froitos son o fío condutor do almanaque para 2020 da Área de Normalización Lingüística. Baixo o lema A investigación dá froitos, cada mes está asociado a unha froita: carambola, mangostán, chirimoia, lichi, maracuxá, papaia, pitaia, rambután, tomate de árbore, durián, caqui e milgranda.
14/01/2020