Sete anos investiu o filólogo ponteareán Fernando Groba Bouza na elaboración da súa tese de doutoramento O léxico da hipoloxía no galego oral, unha investigación que pon en valor a grande importancia, a pesar do escaso recoñecemento, tanto da administración, como dos medios de comunicación e da sociedade en xeral, de Galicia no conxunto do Estado español, onde se sitúa como segunda comunidade autónoma en número de explotacións de gando equino, só superada por Andalucía, segundo datos do Ministerio de Agricultura.
12/02/2021