O 5 de abril facíase pública a resolución do Tribunal Superior do Land de Schleswig-Holstein sobre a Orde europea de entrega de Carles Puigdemont. O texto orixinal, en alemán, chegou á opinión pública a través dos medios de comunicación, pero segundo os profesores da Facultade de Ciencias Xurídicas e do Traballo Marta García e Xosé Manuel Pacho, “o contido da resolución xermana achegaba moitos máis datos e matices” dos que trasladaban as e os xornalistas. De aí xorde a idea de traducir a resolución ao galego, un paso que permite ter acceso ao texto orixinal íntegro.
21/05/2018