A Universidade de Vigo é, dende este luns, unha institución adherida ao Manifesto Bibliotecas en Igualdade. Así o ratificaron nun acto público o reitor, Manuel Reigora, e Anna Caballé, presidenta de Clásicas y Modernas, entidade que promove esta iniciativa. A sinatura desta acordo, que terá validez ata 2022, implica que a institución académica se compromete a activar unha mirada crítica con perspectiva de igualdade cando a comunidade universitaria se achegue aos estantes das bibliotecas.
20/07/2020