Andrea Busto, Guillermo Barreiro e César Gabriel Márquez son os nomes dos tres estudantes da Universidade de Vigo que acadaron unha das dez prazas que ofrecía en España a convocatoria de bolsas do programa O Futuro das TIC 2019, da multinacional chinesa de alta tecnoloxía Huawei. Do 5 ao 20 de xullo participarán, coa totalidade dos gastos cubertos, nun programa formativo en China.
04/07/2019