En xuño de 2020, a organización do 3nd International Symposium on Lipid Oxidation agardaba que arredor de 200 científicos e científicas de todo o mundo acudiren a Vigo para avanzar no coñecemento da oxidación lipídica, unha das principais causas do deterioro dos alimentos xunto coa acción dos microorganismos. Pero a pandemia levouse por diante a celebración deste congreso que, agora, dous anos despois, se vai retomar os días 23 e 25 de maio no museo Marco.
18/05/2022