A violencia sexual, lembra Rosana Martínez, investigadora do Grupo de Saúde, Sexualidade e Xénero da Universidade de Vigo, “é unha realidade que sofren maioritariamente as nenas e mulleres”. Na súa tese de doutoramento, esta educadora social abordou este continuo das violencias e das ciberviolencias sexuais e o papel que a educación pode xogar na súa prevención.
24/11/2021