Esta fin de semana foron dúas as principais citas deportivas nas que participou dun ou doutro xeito o campus de Ourense. Por unha banda, o domingo as pistas de atletismo universitarias acolleron a celebración do I Open de Marcha Nórdica Campus da Auga-Cidade de Ourense, que reuniu a arredor de 60 persoas. Por outra banda, no marco da travesía Encoro Os Peares, Susana Reboreda e Baltasar García, do Club Natación Escualos, fixéronse co ITrofeo Campus da Auga de natación.
11/06/2018