Un ano máis, a Universidade de Vigo embárcase en La Aventura del saber. O programa de TVE2, que estreará nova temporada mañá mércores 3 de abril, volverá contar coas universidades españolas na sección Universo Sostible.
Baixo o lema de Filosofía e tempo, este luns daba comezo a XL Semana Galega de Filosofía, que ten como propósito afondar nas múltiples dimensións do concepto que centra esta edición e conmemorar os seus 40 anos de traxectoria.
A Universidade de Vigo participa nun proxecto coas universidades de Oviedo e Leicester (Reino Unido) para o desenvolvemento de sistemas de potencia para vehículos ambulantes non tripulados (máis coñecidos como ‘rovers lunares’) combinando paneis solares, baterías e xeradores termoeléctricos de radioisótopos.
Valorar e dar visibilidade ás investigadoras da institución, ademais de tratar de espertar a vocación científica entre a mocidade galega con figuras femininas da súa contorna como referencia dun novo volume, o cuarto xa, do catálogo Quero ser investigadora.
O Foro Económico de Galicia, coordinado desde o campus de Ourense polo Grupo Governance and Economics Research Network (Gen), presentou este luns en Santiago de Compostela o seu Informe de conxuntura socioeconómica 1/2024.
A realización dunha curtametraxe é un dos traballos que o alumnado do Grao en Comunicación Audiovisual ten que desenvolver no marco da materia Guión, produción e realización de ficción, e neste labor contarán co asesoramento de “recoñecidos profesionais do audiovisual galego”.
O Centro de Apoio Científico-Tecnolóxico á Investigación da Universidade de Vigo, coñecido polo acrónimo de CACTI, celebra este 2024 o seu 30 aniversario e faino convertido nun centro de referencia, “dotado dunha moi alta infraestrutura de investigación sen comparación na nosa contorna".
O Foro Económico de Galicia, coordinado desde o campus de Ourense, celebrou este venres en Santiago de Compostela unha xuntanza de traballo coa conselleira en funcións de Economía, Industria e Innovación da Xunta de Galicia, María Jesús Lorenzana.
Co gallo da celebración da Semana Santa, os centros, dependencias e instalacións da UVigo pecharán durante o período comprendido entre o 25 e o 27 de marzo, ambos os dous incluídos.
“Unha viaxe diversa e enriquecedora coa que dar a coñecer as letras francófonas”. Así describen as investigadoras Blanca Miranda, Virginia Ripoll e Carla Figueiras a mostra Voyage à Travers les livres, unha exposición de libros francófonos que pode visitarse na Facultade de Filoloxía e Tradución.
Este xoves, 21 de marzo, celébrase o Día Mundial do Síndrome de Down 2024. Sumándose a este compromiso, a Facultade de Ciencias do campus de Ourense abriu as súas portas esta semana a membros da asociación Down Ourense para participar nunha acción de sensibilización ambiental.
A innovación é neste 2024 o lema escollido polas Nacións Unidas para conmemorar, este xoves 21 de marzo, o Día Internacional dos Bosques, que a Escola de Enxeñaría Forestal celebraba coa plantación dun metrosidero
“Con orgullo e sentimento de pertenza”. Así vive cada ano a Escola de Enxeñería Industrial a celebración do seu patrón, San Xosé, un acto cheo de emotividade que reuniu no salón de actos da sede cidade da escola a un bo número de membros do seu PDI, PAS e alumnado.
Dentro das actividades programadas na Universidade de Vigo con motivo da celebración do Día Internacional da Muller, a Escola de Enxeñería de Minas e Enerxía acolleu o acto de entrega de premios do certame de fotografía Mulle.RME.
Polo seu currículo académico e pola súa motivación explícita nos estudos STEM, as estudantes Antía Álvarez, Iria Ollero (no eido tecnolóxico) e Julia Escribano e Verónica Laíño (no eido científico) recibiron este xoves os Premios GirlGeekPower que outorgan a Universidade de Vigo e a Deputación de Pontevedra no marco da Cátedra de Feminismos 4.0.