Galicia é unha das zonas máis envellecidas do mundo, pero ademais tamén ten un dos índices de dispersión da poboación máis altos. Isto fai que achegar servizos á poboación maior sexa un reto, quedando zonas completamente á marxe de moitas prestacións das que si poden gozar as persoas que residen nas contornas urbanas. Para facerlle fronte a esta situación, o Programa para Maiores da UVigo está a traballar nun proxecto de formación no rural, unha iniciativa que se apoiará nas novas tecnoloxías para ofrecer formación que mesture presencialidade e virtualidade.
22/06/2022