Desde o pasado 16 de marzo e ata o 18 de maio, a Sala Alterarte do campus de Ourense acolle a intervención Ser un lugar, do artista lucense Jesús Otero-Yglesias e curada por Monse Cea. A mostra, que se enmarca na cuarta edición do proxecto expositivo desta sala Estado Crítico. 12 Curador*s 12 Artistas, foi visitada este martes por estudantes de cuarto curso de Educación Secundaria do CPI José García de Mende.
15/05/2018