A pandemia provocada polo coronavirus fixo que este ano o Día das Letras Galegas non puidese desenvolverse como en edicións anteriores. Co obxectivo de non rematar 2020 sen conmemorar esta efeméride, o campus de Ourense celebrará o xoves 26 de novembro un acto no que tres catedráticos da UVigo, María Victoria-Carballo Calero, Jesús de Juana e María do Carmo Henríquez, falarán desde diferentes perspectivas sobre o homenaxeado este ano pola Real Academia Galega, o profesor e primeiro catedrático de Lingua e Literatura Galegas Ricardo Carbalho Calero.
19/11/2020