Os campus de Vigo e Ourense acolleron esta tarde cinco actos de graduación e a clausura dun máster, cos que 221 estudantes puxeron fin a unha etapa para iniciar outra na procura de oportunidades profesionais. Deste xeito, no campus vigués recibiron a súa distinción académica un total de 118 alumnos, pertencentes ás licenciaturas en Dereito, rama Económico-Empresarial, Química e Filoloxía Inglesa. Pola súa banda, en Ourense foron a Escola Universitaria de Enfermaría e a Facultade de Historia as que celebraron a graduación de 56 e 10 alumnos respectivamente, mentres que outros 37 recibiron o diploma pola realización do Máster en Dereito Urbanístico e Medio Ambiente. Os ministros de Xustiza e Medio Ambiente e Medio Rural e Mariño, Francisco Caamaño e Elena Espinosa, foron os invitados de honra na undécima graduación de Dereito e na clausura do máster, respectivamente.
26/06/2009