Con motivo do Día Mundial da Arquitectura programáronse visitas guiadas ao campus de Vigo, co propósito que de que os cidadáns se acheguen ao valor arquitectónico das súas infraestruturas. A delegación local do Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia organizou un percorrido a través da historia da institución que permitiu aos participantes coñecer os proxectos da man dos seus autores. A iniciativa, que pretende acadar unha maior identificación da cidade de Vigo co seu campus universitario, atraeu a estudantes e persoas de todas as idades. Ao tempo que aprenderon sobre arquitectura, os visitantes mergulláronse na actividade docente e investigadora da Universidade
01/10/2007