É unha das materias consideradas máis difíciles, sen embargo non hai ningún elemento da vida cotiá no que non se agochen e problema que non poidan solucionar, sobre todo cando se fala de matemáticas aplicadas á industria. Iso é o que se quere visibilizar co IX Foro de Interacción Matemática Industria organizado polo Instituto Tecnolóxico de Matemática Industrial (ITMATI), un “espazo de intersección de sociedade, industria, ciencia e técnica coa matemática” que trata de darlle ao sector industrial a oportunidade de formular as necesidades relacionadas coa simulación numérica, a estatística ou a investigación operativa. O foro, celebrado na Escola de Enxeñaría de Telecomunicación, “serve de escaparate para coñecernos todos”, como explicou José Durany, membro do comité organizador.
31/05/2013