Xa pasaron dous anos dende que, por primeira vez, o CinVigo enchese a Porta do Sol de ciencia. Este festival científico organizado polo CINBIO, Centro de Investigación en Nanomateriais e Biomedicina da Universidade de Vigo, ten como finalidade achegar o coñecemento científico a toda a sociedade e, tras o éxito das pasadas edicións, regresará a Vigo esta fin de semana coa terceira súa terceira edición, que un ano máis conta coa colaboración da Fundación Española para la Ciencia y la Tecnología (FECYT) - Ministerio de Ciencia, Innovación y Universidades.
22/04/2025