Tras unha semana de éxitos continuados en Ourense, onde continúa o espectáculo, a décima edición da Miteu, a Mostra Internacional de Teatro Universitario, levanta tamén o telón en Vigo onde, do 21 ao 29 de abril, os espectadores poderán acudir a unha ambiciosa selección de obras, tanto nacionais como estranxeiras.
Como principal novidade desta edición a Miteu incorpora nesta ocasión outro escenario á axenda de actuacións, o Centro Culturarl Caixanova, que se unirá ao Vidal Bolaño da Cidade Universitaria e posibilitará que o teatro chegue a outros públicos da cidade.
17/04/2008