Nun mar revolto pola crise, pero un mar de oportunidades, profundo e rico que será a súa fonte de sustento, o seu futuro profesional. Unha nova xeración de oceanógrafos comeza a súa singradura tras recibir este venres os seus diplomas e as súas bandas nun emotivo acto no que se despediron da súa andaina universitaria a 18ª promoción da licenciatura e 1ª de grao en Ciencias do Mar. Acompañados polo reitor, Salustiano Mato; o alcalde de Vigo, Abel Caballero; os tres decanos do centro, Miguel Ángel Nombela, Gabriel Rosón e o actual, Jesús Souza Troncoso e co apoio e orgullo das súas familias e amigos, estes xa novos profesionais recibiron consellos, mesturados con lembranzas, bos recordos e inesquecibles momentos compartidos nos últimos anos.
24/05/2013