Desenvolven un labor crucial na sociedade actual, tanto desde o punto de vista cultural como político, informativo, social … e, sen embargo, se o seu traballo está ben feito, acostuman a ser invisibles. A Universidade celebrou este martes o Día Internacional da Tradución cunha xornada coa que axudar a concienciar “de que estamos aí, non só tradutores e intérpretes, senón mediadores lingüísticos en xeral”, salientou ao inicio do acto Juanjo Arevalillo, presidente do Comité de Tradución 174 de AENOR, un comité de expertos formados por especialistas que velan por acadar e manter a calidade no sector.
02/10/2012