A penas uns quilómetros separaban Escairón, o lugar estimado de aterraxe do globo estratosférico Balloon Xat 001, do seu destino final, un pouco máis ao norte, no concello lugués da Paradela. 50 días despois do seu lanzamento, globo estratosférico regresou este luns ao campus vigués tras pasar varias semanas medio somerxido nunha charca dunha leira de Espiño, unha pequena aldea de sete habitantes, na parroquia de Remesar. Para os veciños deste pequeno núcleo rural, a valixa converteuse en fonte de inquedanza, e creron mesmo que era radioactiva. Por iso decidiron manterse afastados dunha caixa da que tan só vían a imaxe dunha rá, logotipo de Frogspace, a spin-off posta en marcha por estudantes do Grupo de Enxeñaría Mecánica e Automoción (CIMA). Ata a pasada semana, cando a visita do fillo dun dos matrimonio da aldea, fixo cambiar o transcorrer dos acontecementos.
12/04/2013