Iniciativas como Debut, o desfile no que o alumnado de Esdemga presenta as coleccións que conforman os seus proxectos de fin de estudos, contribúen a que a cidadanía non permaneza allea ao talento do estudantado desta titulación. Mais ao longo da súa formación, o alumnado non só dá mostra da súa valía sobre as teas, como veñen a demostrar iniciativas como Pedra, papel, tesoira. O trazo da moda, a exposición que desde este xoves reunirá na Galería Sargadelos as ilustracións realizadas nas aulas por 28 estudantes. Ou como a ‘customización’ de zapatillas que un grupo de estudantes levará a cabo o venres no marco da Vigo Shopping Night.
03/06/2015