Tras anos de esforzo e aprendizaxe, Fisioterapia despediu este venres aos 42 estudantes que celebraron a fin dunha etapa co ánimo de emprender rumbo cara o mundo profesional, ao que chegan co aval dunha formación “que non só vos capacita como profesionais, senón que vos preparou para seren cidadás capaces de contribuír ao benestar da sociedade”, como lembrou a decana, Eva María Lantarón no acto que tivo lugar na EE Forestal. O vicerreitor do campus, Juan Manuel Corbacho, e a concelleira de Educación, Carmen Fouces, acompañaron tamén nesta tarde de recoñecemento e despedida aos e ás integrantes da sexta promoción do grao en Fisioterapia.
19/06/2015