Cada verán, o taller Celanova, plató de ficción propón ao alumnado de Comunicación Audiovisual desenvolver en poucos días un proxecto audiovisual e presentalo no Curso de Medios Audiovisuais que se celebra nesta vila ourensá. Foi alí, neste obradoiro coordinado polo profesor Paulino Pérez, onde naceu Fame, a webserie creada por un grupo de estudantes, que posteriormente decidiron facer medrar aquela iniciativa cunha segunda tempada, pola que veñen de ser nomeados aos XIII Premios Mestre Mateo, o que de por si constitúe “un gran logro para un proxecto feito por xente que está empezando”, salienta a súa directora, Anxos Fazáns.
11/03/2015