Ao longo da súa etapa formativa, o alumnado de Comunicación Audiovisual adquire unha serie de coñecementos técnicos que os capacitan para converterse en realizadores, produtores ou directores dun proxecto audiovisual. Mais, xunto a cámaras, son, iluminación ou montaxe existe outra peza imprescindible en calquera produción, os actores e actrices, “o instrumento do que dispoñen para contar as súas ideas”, como salienta a profesora Mariana Carballal. De aí que, que “amosar ao alumnado en que consiste esta profesión”, fose o obxectivo central do obradoiro de interpretación que impartiu esta semana en CCSS e da Comunicación o actor Marcos Correa.
28/11/2014