Este xoves celébrase o Día Internacional das Rapazas nas TIC, unha iniciativa da UIT, organismo das Nacións Unidas para as Tecnoloxías da Información e a Comunicación. O seu obxectivo é motivar ás novas xeracións de mozas para que consideren o ámbito das TIC no seu desenvolvemento académico, investigador e profesional. Con este motivo, o Cesga, o Centro de Supercomputación de Galicia, organizou, entre outras actividades, un coloquio no que destacadas profesionais do eido tecnolóxico explicaron a escolares o que lles pode ofrecer o mundo TIC de cara ao seu futuro. Entre as participantes estivo Lorena Otero, docente e investigadora do campus de Ourense.
28/04/2016