Hoxe en día o procesamento de datos é indispensable en case todos os campos de investigación ou de traballo. En moitos casos, un equipamento informático “estándar” é suficiente. Porén, algunhas áreas de coñecemento emerxentes, como a bioinformática ou a computación gráfica, requiren equipos especializados, custosos e difíciles de conseguir para unha empresa ou para un ou varios grupos de investigación, recorrendo habitualmente nestes casos ao uso puntual de grandes centros de supercomputación. Co obxectivo de crear un centro de cálculo de prestacións intermedias, situado entre estes supercomputadores e aqueles equipos que poidan ter empresas ou grupos, o CITI, o Centro de Investigación, Transferencia e Innovación da Universidade de Vigo, vén de dotarse dun servidor de cálculo científico de altas prestacións.
12/01/2016