O ciclo Portugués Perto, organizado pola Vicerreitoría do campus para achegar as culturas galega e lusófona, chega estes días ao ecuador da súa programación e faino traendo ao campus un espectáculo que é toda unha homenaxe aos lazos que unen a estas culturas. Trátase de CoraSons, un proxecto artístico que une documental, fotografía, música e recital subindo ao escenario a Uxía, promotora da iniciativa xunto a Isabel Leal, e a moitos dos seus amigos, como Carlos Blanco, Sergio Tannus e Dani Juncal. A cita é este mércores, ás 19.00 h, con entrada libre e de balde ata completar o aforo da Sala Marie Curie do Edificio Politécnico.
07/05/2014