A voz de Anxo Angueira cantou a Vigo, ao seu Vigo, no recital poético no que, acompañado dos músicos Leo i Arremecághona e Aser Álvarez, presentou no campus a súa última obra, Fóra do sagrado. Ante un pano de fondo no que os artistas Xosé Luís e Xoán Carlos de Dios retrataron o barrio mariñeiro do Berbés, Ourense achegouse, grazas aos seus versos á que é a súa cidade de adopción dende hai máis de 20 anos. Por ela profesa un gran amor xa que é, segundo as súas verbas, "unha capital política, editorial e literaria de Galicia e ten unhas características típicas que a fan distinta das demais porque sendo moi importante non é capital de provincia, e ademais ten mar e monte" dixo.
28/02/2008