A mariola, o brilé, os zancos, as chapas, as carrilanas, o tres en raia, a carreira de sacos e un longo etcétera de xogos tradicionais forman parte da memoria da infancia das diferentes xeracións de galegos. Para que os nenos e nenas de hoxe en día tamén os coñezan e os poidan manter vivos, o sábado día 22 de xuño o campus de Ourense acollerá o VII Encontro Escolar de Xogos Tradicionais. A iniciativa reunirá a rapaces, rapazas e adultos para xuntos pasar unha mañá de diversión entre xeracións moi diferentes pero que comparten as mesmas ganas de pasalo ben. A actividade está organizada por Brinquedia, a rede galega do xogo tradicional, coa colaboración do Servizo de Deportes do campus.
21/06/2013