“Todo é mentira ou, o que é peor, un fraude. A arte mente, a sociedade mente, a política mente, todo arredor de nós é unha mentira. Na mostra que inauguramos en Alterarte unha vintena de personaxes da aldea din repetidamente "I don´t understand you", nun idioma, o inglés, que non é o seu, pero dan o "pego". Eles tamén menten”. Deste xeito explicaba o comisario José Paz a mensaxe que subxace detrás da mostra A ninguén lle importa a túa historia, do creador Eduardo Valiña e inaugurada este venres na Sala Alterarte do campus de Ourense. A súa particular e divertida homenaxe á mentira pode visitarse ata o 27 de xullo de 2012.
08/06/2012