Edificios bioclimáticos, refrixeración solar, cociñas e secadoiros que funcionan empregando o sol como única fonte de enerxía, tecnoloxías e sistemas fotovoltaicos… estes son algúns dos temas nos que se está a afondar dende hoxe e ata o venres no XV Congreso Ibérico e X Iberoamericano de enerxía solar que reúne no campus a 115 expertos, arredor de 80 chegados de España e Portugal, e os demais de países como Arxentina, Brasil, México, Chile, Perú, Bolivia ou Venezuela.
En total durante o encontro, que se inaugurou esta mañá na Escola de Enxeñaría Industrial, presentaranse 124 artigos científicos, 12 en sesión plenarias, 64 en sesión orais e 48 pósters. Baixo o lema Re-construindo o futuro sostible no encontro formularanse novas solucións que contribúan ao desexado futuro sostible.
20/06/2012