A colaboración entre a Universidade e as empresas permite a transferencia de coñecemento pero tamén as sinerxías mutuas e o coñecemento das necesidades da sociedade ás que se pode dar resposta a través da I+D+i. Con este obxectivo, profesionais e expertos no eido da ecoeficiencia enerxética déronse cita na Escola de Enxeñería Industrial para intercambiar coñecementos e avances tecnolóxicos neste campo, que ten especial repercusión nos fogares dos consumidores. A xornada foi promovida pola Asociación de Empresarios Instaladores de Fontanería, Saneamento, Gases Combustibles, Calefacción en xeral, Aire Acondicionado, Electricidade e Afíns da provincia de Pontevedra, Foncalor, en colaboración con BaxiRoca e a Universidade de Vigo.
23/11/2012