Os reitores das universidades de A Coruña,Santiago e Vigo, Xose Luís Armesto, Juan Casares e Salustiano Mato, respectivamente, asinaron este luns co conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Jesús Vázquez, tres convenios de colaboración a través dos que o goberno autonómico dota cada unha das universidades galegas cun millón de euros para o financiamento das infraestruturas científico-tecnolóxicas de investigación. Mentres, na súa derradeira reunión da lexislatura, o Consello Galego de Universidades acordou rebaixar a esixencia de número mínimo de alumnos matriculados a 10, nos casos de máster que na súa memoria tiñan destacado o seu carácter mixto académico e profesional e non exclusivamente o carácter investigador.
01/10/2012