Igualdade
Unha universidade para todas e todos
A Universidade de Vigo ten como prioridade, en liña coa Axenda 2030, favorecer a cultura do respecto, da igualdade e da inclusión, garantindo que todas as persoas que conforman a nosa comunidade poidan desenvolver a súa actividade académica e laboral con dignidade e nun espazo libre de violencias de xénero e de máximo respecto dos dereitos humanos.
A igualdade na UVigo
Co obxectivo de alcanzar a excelencia universitaria, a Unidade de Igualdade constitúe o instrumento político responsable da incorporación transversal do principio de igualdade efectiva entre mulleres e homes. Para isto, promove medidas que garantan a igualdade de condicións e realiza o seguimento e o cumprimento da lexislación e dos plans que se adoptan.
Contra as violencias machistas
O compromiso que temos como institución pública é a consolidación dun entorno no que se respecte a dignidade de todas as persoas integrantes da súa comunidade, non tolerando dentro do seu ámbito ningún tipo de comportamento de acoso sexual ou por razón de sexo.
Docencia e formación con perspectiva de xénero
Unha docencia con perspectiva de xénero estimula o pensamento crítico e promove a igualdade de xénero
Investigación con perspectiva de xénero
A perspectiva de xénero é un elemento fundamental no sistema de ciencia e de innovación para favorecer a igualdade entre mulleres e homes.
Cátedra de feminismos 4.0 DePO-UVigo
A Cátedra Feminismos 4.0 DePo-UVigo nace da colaboración entre a Deputación de Pontevedra e a Universidade de Vigo, para promocionar a igualdade no ámbito dixital e nas disciplinas CETEM.
Conciliación e corresponsabilidade
Dispomos dunha serie de ferramentas para facilitar a toda a comunidade universitaria a introdución da perspectiva de xénero na súa actividade docente, investigadora e de xestión.
Boletín informativo e recursos
Consulta o noso boletín informativo, ferramentas, ligazóns de interese... todos os recursos á túa disposición.