Dúas estudantes con libros no exterior do MTI

Docencia e formación con perspectiva de xénero

A perspectiva de xénero na docencia do ensino superior é una das estratexias fundamentais para promover a igualdade efectiva entre mulleres e homes.

Na actualidade, existe un prolífico marco normativo que así o indica: a Lei orgánica 1/2004, do 28 de decembro, de medidas de protección integral contra a violencia de xénero, a Lei 14/2011, de ciencia, tecnoloxía e innovación, a Lei 6/2013, do 13 de xuño, do sistema universitario de Galicia, o actual Pacto de Estado contra a Violencia de Xénero e os sucesivos plans de igualdade da propia Universidade de Vigo, entre outros.

Unha docencia con perspectiva de xénero estimula o pensamento crítico e promove a igualdade de xénero e a Universidade de Vigo debe converterse nun referente social e situar a igualdade entre mulleres e homes no eixo central da nosa institución.


Guías para unha docencia universitaria con perspectiva de xénero

Guías para unha docencia universitaria con perspectiva de xénero é unha colección de once guías temáticas promovida e editada orixinalmente en catalán pola Xarxa Vives d’Universitats e trasladada á lingua galega, no marco das iniciativas financiadas con fondos do Pacto de Estado contra a Violencia de Xénero e desenvolvidas polas oficinas de igualdade do sistema universitario galego.

Ofrece propostas, exemplos de boas prácticas, recursos docentes e ferramentas de consulta para unha docencia universitaria sen nesgos de xénero en diferentes disciplinas e ámbitos de coñecemento: as ciencias da computación; o dereito e a criminoloxía; a educación e a pedagoxía; a filoloxía e a lingüística; a filosofía; a física; a historia; a historia da arte; a medicina; a psicoloxía e a socioloxía, a economía e a ciencia política.

A colección, publicada conxuntamente polas tres universidades públicas galegas, responde ao interese de proporcionarlle material didáctico ao profesorado universitario, co fin de favorecer, facilitar e promover a inclusión da perspectiva de xénero nas materias que se imparten na educación superior galega.

Itinerario formativo virtual en xénero

Esta iniciativa, que ten como finalidade satisfacer as necesidades de formación en xénero da comunidade universitaria foi desenvolvida pola Unidade de Igualdade e a Área de Formación e Innovación Educativa da Universidade de Vigo, co apoio financeiro do Pacto de Estado contra a Violencia de Xénero. 

 

Xornada Universitaria Galega en Xénero

Desde 2013, as unidades de igualdade de xénero das tres universidades galegas traballamos conxuntamente para facer realidade as Xornadas Universitarias Galegas en Xénero (Xugex), que constitúen un punto de encontro e reflexión para o persoal docente e investigador que traballa con perspectiva de xénero.

A continuación enumeramos todas as edicións que tiveron lugar ata a actualidade: 

Para máis información, podes contactar con:

 
Unidade de Igualdade 
Edificio Ernestina Otero
As Lagoas, Marcosende
36310 Vigo
igualdade@uvigo.gal
+34 986 813 419

Instagram