Conciliación e corresponsabilidade
O eido da conciliación entre a vida laboral, familiar e persoal é unha das claves para acadar maiores cotas de igualdade entre mulleres e homes na sociedade actual. A Universidade de Vigo debe converterse nun referente para toda a sociedade, a fin de situar a «sostibilidade da vida» no centro da nosa institución e así humanizala.
Guía de conciliación da vida persoal, familiar e laboral do persoal da Universidade de Vigo
Esta guía informativa recompila os dereitos e as posibilidades das que dispón o persoal da Universidade de Vigo para conciliar a súa vida persoal, familiar e laboral. A guía ten un carácter orientativo e deberá consultarse cos servizos que corresponde en cada situación, segundo as circunstancias e a lexislación que aplique.
Salas de lactación
As salas de lactación son un espazo cómodo e privado de uso exclusivo para poder aleitar ou extraerse o leite con tranquilidade. Son lugares con ventilación e iluminación cálida e dispoñen de mobiliario axeitado e electrodomésticos que permiten a conservación do leite.
De acordo coas recomendacións da OMS, na Universidade de Vigo dispoñemos desta opción para quen opte pola lactación e precise utilizar este recurso en calquera dos tres campus universitarios.
Campus de Ourense
Biblioteca Rosalía de Castro (entrada)
Campus de Pontevedra
Facultade de Belas Artes (1.º andar)
Escola de Enxeñaría Forestal (planta baixa)
Campus de Vigo
Edificio Filomena Dato (2.º andar)
CINBIO Edificio Olimpia Valencia (Módulo 4, 3.º andar)
Ecimat (Thinking Corner, 1º andar)
Accións positivas
- Acción positiva para incluír nas convocatorias propias de docencia, investigación e transferencia (Resolución; solicitude e escrito xustificativo)
- Redución da docencia por parto ou por adopción, garda con fins de adopción ou acollemento
Documentación
- Acordo do Consello de Goberno sobre medidas de igualdade e conciliación na Universidade de Vigo
- Permiso de xestación retribuído
- Recomendación para aplicar os criterios que favorezan a concilación do PDI na elección de horarios na docencia
- Guía de boas prácticas para universidades «Teletraballo e conciliación corresponsable en tempos da covid-19»
- Normas de elaboración do POD da Universidade de Vigo 2020
Masculinidades igualitarias
Homes de coidado
Publicación colaborativa impulsada pola Unidade de Igualdade, no marco do III Plan de Igualdade entre Mulleres e Homes da Universidade de Vigo (2020-2024) co apoio económico da Consellería de Política Social e Igualdade a través do Plan Corresponsables. O seu obxectivo é ofrecer un recurso para promover unha reflexión no conxunto da comunidade universitaria arredor das masculinidades coidadosas, cos homes como principais protagonistas e destinatarios.
Máis recursos
- Recursos para afondar nas masculinidades
- Xornadas internacionais interuniversitarias «Democratizar os coidados e a vida doméstica: O papel dos homes con perspectiva de xénero»
Proposta deseñada e impulsada desde os servizos de igualdade das universidades da Coruña, Santiago de Compostela e Vigo, co apoio da Consellería de Política Social e Igualdade da Xunta de Galicia, a través dos fondos do Plan Corresponsables. - Feminismo para todo o mundo
Unha serie de cápsulas sonoras na que 13 homes relacionados coa comunidade universitaria reflexionan sobre a masculinidade e o papel dos homes na loita pola igualdade. - Campaña «Masculinidade concorda con igualdade».
Informes e documentos de interese
Este apartado recolle os estudos feitos polas tres universidades públicas galegas, co apoio da Xunta de Galicia, sobre corresponsabilidade, repartición do traballo doméstico e de coidados en Galicia en execución do Plan Corresponsables 2023
- Estudo sobre a calidade da conciliación da vida familiar e laboral nas relacións colectivas de traballo en Galicia-Universidade de Vigo
- Coidados e corresponsabilidade en Galicia. Análise desde unha perpectiva de xénero-Universidade da Coruña
- Resiliencia como factor protector da depresión en persoas coidadoras-Universidade de Santiago de Compostela
Máis información:
Unidade de Igualdade
Edificio Ernestina Otero
As Lagoas, Marcosende
36310 Vigo
igualdade@uvigo.gal
+34 986 813 419