Reivindicar o papel das mulleres artistas e visualizar a loita contra a violencia de xénero e a necesidade do feminismo na sociedade actual. Estes son os puntais sobre os que se sustenta Compartir é vivir, unha exposición que, como informou o Concello de Marín, “reivindica o espazo feminino na arte” e que ten como comisarias á catedrática da Facultade de Belas Artes Yolanda Herranz e á artista Celeste Garrido.
27/10/2022