A Universidade de Vigo celebrará este venres 26 de xaneiro o seu patrón, San Tomé de Aquino, xa que o día propio da efeméride, o 28, coincide este ano en domingo. A Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais acollerá a partir das 12.00 horas, o tradicional acto institucional no que se entregarán as distinción ás alumnas e alumnos máis excelentes.
22/01/2024