Profesorado e alumnado dos graos de Educación Infantil e Educación Primaria, da Facultade de Educación e Traballo Social do campus de Ourense, racharon este venres a súa dinámica educativa habitual realizando un tramo da Vía da Prata e do Camiño Mozárabe, cocnretamente a etapa que transcorre entre Vilar de Barrio a Xunqueira de Ambía, na provincia de Ourense. 40 persoas participaron nesta iniciativa que tamén quixo ser unha homenaxe á Xeración Nós co gallo do seu centenario.
07/05/2021