O proxecto Aldearmos, un “programa de democratización cultural do e no rural" da Rede Aldear, formada por unha vintena de concellos do rural das provincias de Ourense e Lugo, chega este domingo, 12 de marzo, ata o Saumede, no concello ourensán da Bola. A iniciativa conta co apoio tanto do campus de Ourense como de Agadic (Xunta de Galicia).
10/03/2023