O día 19 de febreiro os postos dos Martes Saudables volverán a iniciar o seu percorrido cuadrimestral polos tres campus da Universidade de Vigo cunha primeira sesión no campus de Ourense, concretamente no edificio Xurídico-Empresarial. A iniciativa, nada en 2011, continuará fomentando os bos hábitos de vida, desde o deporte á sexualidade, entre os membros da comunidade universitaria.
08/02/2019