Catorce anos de traballo e case 800 millóns de euros para acadar a lanzadeira máis versátil e máis lixeira de Europa: mide tan só 30 metros e pesa 137 toneladas, cinco veces menos que o seu irmán maior, Ariane 5. Vega estreará misión o 13 de febreiro levando a bordo nove satélites europeos, entre eles o XaTcobeo, desenvolvido pola Universidade de Vigo. Froito da colaboración entre a Axencia Espacial Europea (ESA) e sete Estados membro (Bélxica, España, Francia, Italia, Países Baixos, Suecia e Suiza) coa Axencia Espacial Italiana (ASI) como director de orquestra, Vega e as súas misións científicas completan a gama de lanzadeiras europeas.
08/02/2012