Os xadrecistas da Universidade de Vigo Manuel Pena, Diego Guerra e o capitán, Pablo García representarán a Galicia como Mestres no II Aberto Internacional de Xadrez Carlos I, que terá lugar en Sanxenxo do 19 ao 27 de xuño.
No encontro, que forma parte do Torneo do XXIII Circuíto galego de Xadrez, daranse cita preto de 20 xogadores titulados, entre os que se atopan grandes figuras internacionais como os Grandes Mestres Paunovic de Serbia e Arthur Kogan de Israel. Un título ao que tamén aspira o xadrecista da Universidade, Manuel Pena, que aproveitará o encontro para converterse en Gran Mestre, o máximo recoñecemento concedido no xadrez, “e que te abre moitas portas” comenta Pena.
15/06/2010