Mentres o ano pasado o resto de sectores pechaban empresas, o tándem mar-industria “crecíase ante as dificultades e xeraba só arredor da pesca do Cantábrico noroeste 1050 postos de traballo, o que demostra que os galegos fomos sempre quen de loitar contra ventos e mareas para chegar a bo porto”. Con estas verbas a conselleira do Mar, Rosa Quintana, resumía a razón da celebración do foro O mar como motor económico no espazo atlántico, unha xornada na que administracións, investigadores e empresarios debaten a situación actual na que se atopa un sector con 25.000 empregos directos e indirectos co que Galicia ten unha relación indisoluble. “Este foro é imprescindible para que esta fábrica de ideas, solucións e posibilidades de futuro que é o Campus do Mar poda ser unha realidade”, recoñeceu Salustiano Mato, reitor da Universidade de Vigo.
25/05/2011