Dende as diferentes especies de marisco que se poden atopar nas rías galegas ata unha ampla colección de bolboretas, pasando por infinidade de insectos, tartarugas, morcegos ou peixes. A diversidade do mundo animal resumida en Expo-Animalia, unha mostra que acolle o Centro Cultural da Guarda, organizada pola Facultade de Bioloxía e a asociación naturalista Baixo Miño, Anabam. Esta exposición, que se poderá visitar ata o vindeiro 23 de maio, segundo explica Manuel A. Pombal, profesor e vicepresidente de Anabam, “organizámola co gallo do bicentenario do nacemento de Charles Darwin e do 150 aniversario da publicación de El origen de las especies”.
14/05/2009