A Asociación Multisectorial de Novas Tecnoloxías da Información e Comunicación, INEO, que integra a máis de 65 empresas que acadan unha facturación de arredor de 165 millóns de euros e empregan a preto de 2000 profesionais, suma o seu apoio ao Campus do Mar, amosando o seu interese por coordinarse e participar no ámbito das TIC do campus de excelencia internacional. Nun encontro que responsables de INEO mantiveron co reitor da Universidade de Vigo, Salustiano Mato e o director de Campus do Mar, Emilio Fernández, o presidente da asociación multisectorial, Jorge Cebreiros manifestou que “a Universidade e Campus do Mar poden contar con INEO para o que precisen”.
13/04/2012