Froito da “cooperación intelixente” para dar resposta ás demandas formativas dunha cidade que se atopaba en pleno crecemento nace en 1986 a Facultade de Ciencias Empresarias e Turismo. Pasaron 25 anos e o centro celebrou este venres o seu cuarto de século coa presenza de autoridades, alumnado, profesores e persoal de administración e servizos de todas as xeracións que por el pasaron. Un acto de reencontros e de lembranzas, pero tamén de ilusións e de retos A celebración, ademais de facer un percorrido pola historia, contou cunha entrega de premios na que se recoñeceu o labor da dirección, da administración e do estudantado pechando o acto o mago Jorge Blas, convidado sorpresa, que repartiu “ilusión” entre os asistentes.
08/04/2011