“É para min unha honra recibir este premio en representación de máis de 60 alumnos, agora xa enxeñeiros, e máis de 20 profesores da Universidade de Vigo”. Con estas verbas agradecía Fernando Aguado, coordinador do proxecto XaTcobeo, o premio Pontevedreses 2012 na categoría Investigación e Universidade que outorga o Diario de Pontevedra. O alumnado e profesorado das titulacións de Enxeñaría de Telecomunicación, Enxeñaría Industrial e Enxeñaría Informática viu premiado este xoves o traballo realizado nos últimos cinco anos para pór en órbita o primeiro picosatélite galego, un logro que converte a Galicia nun referente en materia aeroespacial. No acto estiveron presentes o presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijóo; a ministra de Fomento, Ana Pastor; a presidenta do Parlamento de Galicia, Pilar Rojo e o presidente da Deputación de Pontevedra, Rafael Louzán.
23/05/2013